
Unha gran noite de luz e cor: Xa hay data para os fogos de Loira
As Festas da Praia de Loira, que cada verán congregan a miles de persoas, arredor do areal marinense xa teñen data de celebración. Está previsto que os festexos se leven a cabo o penúltimo venres de agosto, concretamente, o día 24 de agosto. Será unha forma especial de poñer o broche de ouro ao verán. O prato forte das festas será a gran tirada de fogos artificiais, aínda que haberá actividades para todos os públicos ao longo da xornada.

O programa festivo comezará de mañá coa música da charanga ‘Charandonga‘ que percorrerá as rúas do lugar, mentres que, pola tarde, os máis pequenos poderán gozar de inchables, un touro mecánico e unha festa de escuma.
Xa pola noite, a partir das 22.30 horas, nas inmediacións do Paseo Marítimo de Loira, a orquestra Hiroshima e o grupo Azar amenizarán a verbena, na que a música popular fará bailar a todos os asistentes.
ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO
Ao chegar a medianoite procederase á tirada de fogos de artificio, con pirotecnia acuática a pé de praia. Así, o ceo e a ría de Pontevedra brillarán con luz e cor. Un espectáculo que, ano tras ano, deixa pampos ao público asistente pola súa orixinalidade e vistosidade. Ao finalizar os lumes, continuará a verbena e o DJ Rubén será o encargado de poñer o fin de festa.





