Moverte pola zona: consulta os horarios de autobús dende Marín para ir a Pontevedra, Bueu ou Cangas.
Os próximos eventos, o que pasa cada semana e cada mes, e o calendario de citas fixas do ano.
En Marín hai plans todas as semanas: o mercadillo dos xoves, a Praza de Abastos de luns a sábado, o Mercado 3R o segundo sábado de cada mes e a programación do Auditorio, o Ateneo Santa Cecilia e o Cineclub, e cine cada fin de semana no Cine Seixo. Esta páxina reúne o próximo e o fixo; as novidades, na axenda.
| Cando | Que |
|---|---|
| Fevereiro | San Brais de Seixo, Carreira do Truco, Mostra «Camelias e Mar» e Entroido |
| Abril | Festival Cine do Mar |
| 1 de maio | Maios do Ateneo Santa Cecilia |
| 16 de xullo | Virxe do Carme (festivo local) |
| Finais de xullo | Stock Marín, outlet na Alameda |
| Agosto | Festa Corsaria e MAC Marín |
| 8 de setembro | Virxe do Porto (festivo local) |
| Fin set./out. | San Miguel e Danza das Espadas |
| 31 out.–1 nov. | Samaín Briz e magostos |
| Novembro | Concerto de Santa Cecilia |
| Decembro | Luces de Nadal e Festa do Nadal do Ateneo |
Todas as festas, no calendario de festas de Marín.
Os xoves pola mañá, de 9:00 a 14:00, na rúa Serafín Tubío e nas rúas arredor da Praza de Abastos.
De luns a sábado, de 7:00 a 15:00.
Un mercado de segunda man, artesanía e vintage que organiza a ANPA Aidón do CEIP Sequelo o segundo sábado de cada mes no Parque Eguren.
Consulta os próximos eventos desta páxina e a axenda de Todo Marín, que se actualiza cada semana.
Horarios segundo o Concello, Marín Turismo, o Ateneo Santa Cecilia e a prensa local. Poden cambiar: confírmaos antes de ir. Falta o teu evento? Envíanolo.