Destacados Novas

8M: O día que o feminismo fixo historia, tamén en Marín

Mar 10, 2018 Todo Marín

Espazo Feminista Marín conseguiu un fito histórico: que decenas de marinenses botásense ás rúas para reivindicar a necesidade de cambios políticos e sociais que leven a unha igualdade efectiva entre homes e mulleres ou se loite de forma contundente contra a secuela do machismo e a violencia de xénero. En definitiva, poñer á muller no lugar que lle corresponde na sociedade. A xornada do 8 de marzo, para a que tanto colectivos feministas como sindicatos e partidos políticos convocaran unha folga xeral de mulleres, viviuse no municipio de maneira diferente a un día habitual.

Principalmente, no comercio local, notáronse ausencias que deixaron entrever que este ano o Día Internacional da Muller non ía ser un máis. Son as 20.00 horas, achegámonos ata a escalinata do Concello onde Espazo Feminista Marín convocou unha manifestación en favor dun cambio inmediato na xestión dunha cuestión tan transcendental como é a igualdade e as políticas públicas e problemas sociais que a rodean.

As organizadoras, todas elas novos de non máis de 26 anos, comezan a distribuírse as pancartas que portan lemas como “A revolución será feminista ou non será”. As líderes dos partidos da oposición (PSOE, BNG e Marea) fan aparición xunto a membros dos seus equipos políticos. A CIG tamén decide unirse. “Estamos fartas de que se ignoren os nosos dereitos, de aguantar desprezos do Goberno e que se discrimine á muller no traballo e outros ámbitos da sociedade polo mero feito de ser muller. Por iso eu hoxe fixen folga”, coméntanos unha veciña indignada ao preguntarlle sobre se hoxe as marinenses tamén se sumaron ao parón xeral. A ela séguenlle ata unha decena de mulleres de distintas idades.

Todas elas colgaron os mandiles e saíron á rúa para gritar, para que llas escoite e vaia se o fixeron. Decenas de veciñas e veciños participaron nunha manifestación histórica que percorreu as principais rúas do municipio e que concluíu na Praza 8 de Marzo onde as organizadoras leron un manifesto que foi ovacionado e apoiado con cánticos reivindicativos polo público que alí se atopaba.

Bágoas de emoción, sorrisos de ilusión e moitas, moitas ganas dun cambio real plásmanse nas caras delas, das marinenses inconformistas que saben ben que como rezaba aquela pancarta, “A revolución será feminista ou non será”.