Limpieza de chapapote del Prestige en la playa de Silgar, Sanxenxo
Local Selección de portada galega

O Prestige, 24 anos despois: buscamos fotos e lembranzas de Marín

Nov 13, 2026 Redacción

O 13 de novembro de 2002 o Prestige deu a súa primeira voz de alarma diante da costa galega. Vinte e catro anos despois, Todo Marín busca fotografías e lembranzas de quen viviu aqueles días na vila e na ría de Pontevedra.

Seis días entre a alarma e o afundimento

Segundo a cronoloxía do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a primeira alerta chegou ás 15.15 do 13 de novembro diante do cabo Touriñán. O petroleiro partiu e afundiu o día 19. O calendario que queremos reconstruír agora é o da ría: cando se viu o chapapote, que actividade se viu afectada e como se organizaron quen participou na resposta.

Panorámica do Peirao Vello de Marín
Peirao Vello de Marín. Vista da vila, posterior ao vertido. Arquivo de Todo Marín.

O arquivo de TVE

Este especial do Telediario reconstrúe a catástrofe e as súas consecuencias dúas décadas despois.

Telediario especial: 20 años del Prestige (en castelán)

Como compartir a túa lembranza

Se tes unha foto, un recorte ou unha lembranza, escribe a info@todomarin.com e indica onde e cando ocorreu, quen tirou a foto e se autorizas a súa publicación co crédito correspondente. Interésannos especialmente testemuños de xente do mar, do voluntariado e da veciñanza da ría.

Foto de portada: praia de Silgar (Sanxenxo). Adela Leiro / Wikimedia Commons · CC BY-SA 3.0. Imaxe redimensionada.